lirikku.id
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #
.

Lirik Lagu S.e.s. – Co Xenio Destrozado


By: Admin | Artist: S s e s | Published: 2024-04-07T08:30:39:00+07:00
Lirik Lagu S.e.s. – Co Xenio DestrozadoLirikku.ID - Lirik Lagu S.e.s. – Co Xenio Destrozado: Halo Lirikku.ID, Dalam konten ini, kami menyediakan chord gitar untuk lagu "Lirik Lagu S.e.s. – Co Xenio Destrozado" yang dinyanyikan oleh Toton S s e s. Dengan chord yang disajikan, pemula atau penggemar musik dapat dengan mudah memainkan lagu ini dengan gitar mereka sendiri. Kami menyajikan chord dengan akurasi tinggi sehingga pemain dapat mengikuti alunan musiknya dengan baik. Juga, kami akan memberikan informasi tambahan mengenai lirik lagu dan mungkin beberapa tips untuk menyempurnakan permainan gitar. Konten ini cocok untuk penggemar musik yang ingin belajar lagu baru atau bagi mereka yang ingin menikmati kesenangan bermain musik dengan gitar. Silahkan disimak Lirik Lagu S.e.s. – Co Xenio Destrozado Berikut Dibawah ini untuk Selanjutnya.

parece que isto está moi morto
que non habita en min ninguén
que me mirou de lado un torto
parece que isto está moi morto
que non habita en min ninguén
que me mirou de lado un torto
que superei os límites
que mañá non o hei ver distinto
nin direi outra vez será
que nin che importa nin che minto
e se me mintes éme igual
unha vez quixen sen motivos
sen a menor das condicións
coa independencia dos esquivos
e a lealdade das lexións
supediteime e soltei lastre
e vinme a cen metros de min
e superei aquel desastre
pero ante todo comprendín

que eu nin podo nin quero nin debo
volverme fiar
da cultura da media verdade, da estafa
legal

que eu xa corto e deserto e me aparto de
toda moral
que aprendín moito máis cuestionando o
saber popular

e xa virán tempos mellores
que non choviu sen escampar
e só tes risas se tes dores
e non hai loita que librar
que sempre houbo ricos e pobres
e as pulgas a can fraco van
que a moito ruído, poucas noces
e onde hai fume o lume está

e hai que gardar sempre das risas
que non se mama sen chorar
que non se pode estar na misa
e ir para fóra repicar
que o tolo vai onde van todos
vicente vai no pack tamén
e sempre andamos un por outro
e a puta casa sen varrer

que as nenas xogan con bonecas
e os rapaciños con balón
e a min sacábamas da caixa
o meu veciño juan ramón
que o ateísmo é satanismo
porque algo máis terá que haber
e viva o individualismo
e o santo cu de cada quen
que os homes son coma o bo viño
que sempre tende a ir a mellor
e eu coñezo algún pobriño
que xa onde vai que se picou
e que se os extremos son malos
e as medias tintas son xeniais
e eu co xenio destrozado
e eles a destrozarmo máis


Saksikan Video Lirik Lagu S.e.s. – Co Xenio Destrozado Berikut ini..


Lirik lagu lainnya: